Seis caras novas para a próxima corporación municipal, que tomará posesión o 17 de xuño
Por Alejandro Espiño
Tras as eleccións municipais deste 28 de maio, a corporación municipal de Pontevedra recibirá a novos integrantes. Tamén outros, algúns deles veteranos da política local, terán que dicir adeus. Así quedará a súa composición para o próximos catro anos.
Doce anos despois, o PP volverá ser o partido maioritario na corporación pontevedresa. Seus serán once dos 25 asentos do pleno. Oito deles mantéñense con respecto a este último mandato, polo que os populares achegarán tres caras novas.
Así, seguirán, ademais do seu candidato Rafa Domínguez, os edís Pepa Pardo, Pablo Fernández, Guille Juncal, Silvia Junco, Martín Martínez, Juanma Muñoz e Gerardo Pérez Puga.
A eles sumaranse Beatriz Rey, dirixente veciñal na Parda; Silvia Crespo, vicepresidenta de AEMPE; e Iago Acuña, secretario xeral de Novas Xeracións de Galicia.
O BNG, pola súa banda, perde dous concelleiros e queda con nove asentos. Saen da corporación, ademais de Pilar Comesaña -por decisión propia-, dúas pezas crave no goberno de Miguel Anxo Fernández Lores, Carmen Fouces e Alberto Oubiña.
Xunto a Fernández Lores sentarán Eva Vilaverde, Anabel Gulías, Demetrio Gómez, César Mosquera, Carme da Silva, Raimundo González e Xaquín Moreda. A única cara nova será a de María Xosé Abilleira, coñecida polo seu labor á fronte da asociación de veciños de Lérez.
E, por último, os socialistas aumentarán a súa representación ata os cinco edís.
Acompañarán ao seu portavoz Iván Puentes tanto Yoya Blanco como Marcos Rey, que repiten como concelleiros da corporación pontevedresa. Volve Paloma Castro, tras o seu paso polo Parlamento galego, e chega Manuel Fariña, profesor do IES Frei Martín Sarmiento.
Estes serán, salvo renuncia dalgún deles, os que tomarán posesión das súas actas de concelleiros no pleno de constitución da corporación previsto para o 17 de xuño.
Relacionadas:
-
O pleno municipal fixa as 'regras de xogo' para o novo mandato
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Lores levanta o bastón de mando por sétima vez "coa man tendida" a todos os partidos para abrir "unha nova etapa"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
As negociacións entre BNG e PSOE para renovar o pacto de goberno comezarán esta semana e "sen imposicións"
Por Alejandro Espiño |
-
Iván Puentes, do PSOE: "O BNG se quere a alcaldía, se quere formar parte do goberno, terá que negociar"
Por Anxo Lourido |
-
28M | Rafa Domínguez: "Después de 12 años, el Partido Popular ha ganado las elecciones en Pontevedra"
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
28M | Iván Puentes, triunfal: "É o mellor resultado do PSOE na cidade en 16 anos"
Por Manu Otero & Diego Torrado |
-
28M | Lores asume que os pontevedreses "me mandan un recado serio de que consideran que o podo facer mellor"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
28M | O empuxe de Rafa Domínguez non impedirá un novo bipartito con Lores á fronte
Por Alejandro Espiño |