Un acertante da Bonoloto gaña case 344.000 euros en Marín
Por Redacción
O sorteo da Bonoloto celebrado este sábado deixou a alguén moi contento en Marín. Seus serán 343.683 euros. Foi o único acertante de primeira categoría.
O afortunado ou afortunada selou o seu boleto na Administración de Loterías número 2 de Marín, situada na rúa Méndez Núñez.
A combinación gañadora deste sorteo estivo formada polos números 4, 11, 21, 23, 47 e 49. O número complementario foi o 38 e o reintegro, o 6.
Este sorteo repartiu tamén sorte noutras dúas localidades galegas, pero con cantidades algo menores.
Así, dous acertantes de segunda categoría que corresponde a cinco números e o complementario, son de Lugo e da Pobra do Caramiñal. Gañaron 62.487 euros cada un.