
© BNG de Poio
28M | O BNG quere que o centro de saúde de Anafáns sexa un centro de día para maiores

Por Oskar Viéitez
A candidadata do BNG á Alcaldía de Poio, Marga Caldas expuxo a súa proposta de situar en Anafáns un centro de día.
"É necesario que actualicemos os nosos servizos, e a aposta do BNG é que teñamos un centro de día público para os nosos maiores", indicou Marga Caldas.
Este é o uso para este edificio municipal polo que aposta o Bloque para os vindeiros anos, "cando se constrúa o novo centro de saúde na Canteira de Graña" e Anafáns quede libre para outras funcionalidades.
Segundo Marga Caldas é un "equipamento vital" para calquera concello contar cun centro de día para a terceira idade, un servizo "básico".
O Concello de Poio vai investir 220.000 euros na reforma e rehabilitación do entorno de Anafáns (ampliación do vial, dotación de prazas de aparcamento e novo mobiliario) que permitirá que no futuro o centro de día conte cos servizos necesarios para o seu correcto desenvolvemento.
"No vindeiro mandato conseguiremos levar a Poio ao seguinte nivel, continuando co proxecto iniciado polo BNG no ano 1995, e pensado para as seguintes décadas", finalizou a candidata nacionalista.
Relacionadas:
-
28M | Marga Caldas pon o parque cuberto de Rosalía de Castro como exemplo do seu modelo para as zonas infantís
Por Redacción |
-
28M | O BNG de Poio pedirá á Xunta a reurbanización do tramo da Barca da PO-308 e a súa transferencia
Por Oskar Viéitez |
-
28M | O BNG aposta pola gastronomía, a natureza e os eventos culturais e deportivos para atraer turismo a Poio todo o ano
Por Oskar Viéitez |
-
28M | O desenvolvemento da zona de equipamentos da Canteira da Graña, unha das propostas estrela do BNG de Marga Caldas
Por Oskar Viéitez |
-
28M | Marga Caldas, candidata do BNG, visita Distribuciones Froiz para exemplificar o dinamismo económico en Poio
Por Redacción |