28M | O PP exhibe a súa aposta por María Ramallo para que "Marín siga avanzando"
Por Redacción
Alfonso Rueda, presidente do PPdeG, encomiaba este domingo a actuación de María Ramallo, candidata do PP para renovar a alcaldía de Marín, como "referente" en Galicia, ao levar doce anos de goberno, destacando a súa capacidade de escoita, a súa preocupación polos problemas veciñais e as melloras conseguidas en Marín ao longo destes mandatos.
Afirmaba durante o mitin celebrado na sala multiusos este domingo que María Ramallo e o seu equipo "sólido, esforzado e profesional" seguirán chamando a todas as portas para conseguir o mellor para os veciños de Marín. O líder dos populares galegos mostrouse moi crítico co PSOE ao que acusa de "bloquear" o traspaso da AP-9, que ataque a forma de vida no litoral galego e que queira deixar na rúa as miles de familias que dependen de Ence.
Rueda defendeu que a única alternativa real e útil para os 313 concellos de Galicia é o Partido Popular. Animou aos asistentes ao acto a que apoien a María Ramallo como garantía de avance de Marín.
A actual alcaldesa e candidata á reelección, na súa intervención, expuxo que quere seguir traballando para converter a Marín no mellor sitio para vivir. Manifestou que conta co respaldo "sen fisuras" dun equipo que traballa a diario con "ánimo e ilusión".
"Marín é un paraíso: temos un porto de interese xeral do Estado e a única academia da Armada, a Escola Naval Militar, que tamén nos pon no mapa", asegurou Ramallo e destacou que a vida no centro urbano é cada vez máis cómoda e pensada para todos. As melloras de mobilidade e do embelecemento de rúas e prazas tamén foi un dos aspectos subliñados pola candidata.
María Ramallo argumentou que o seu equipo "vai a unha, unidos, imparables en escóitaa e sempre tratando de acertar. Non hai outra receita". "Somos o que vedes e temos a intención de seguir xestionando e traballando", apuntou lembrando que a vila é o seu fogar e que a quere con toda a súa alma.
Relacionadas:
-
28M | O PP de Marín propón as humanizacións de Serafín Tubío e Jaime Janer
Por Redacción |
-
María Ramallo perfila a súa axenda de campaña e o programa electoral do PP de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Aposta pola continuidade na lista electoral do PP de Marín: "Cando algo funciona, sería pouco acertado cambialo"
Por Redacción |
-
María Ramallo visita a cimentación do futuro Auditorio
Por Redacción |