Posta a punto da praia fluvial de Ponte Sampaio
Por Redacción
Aínda que a apertura oficial da tempada de baño terá que esperar unhas semanas, o Concello de Pontevedra informou que nos próximos días realizará unha actuación para poñer a punto a área recreativa da Xunqueira de Ponte Sampaio.
Segundo explica a concellería de coordinación do rural dirixida por Alberto Oubiña, os labores darán comezo coa achega de area á praia fluvial do río Verdugo. Trátase dunha area "da máxima calidada respectuosa cos bancos marisqueiros", aseguran desde o goberno local. Ademais realizarase unha limpeza de algas en toda a zona de baño.
A continuación procederase a realizar unha limpeza e mellora do espazo verde, mellorada ademais recentemente coa renovación do parque infantil.
Por último instalaranse baños públicos.
A intención do Concello é que o espazo quede totalmente acondicionado a partir do día 9 de xuño.
A todo iso sumarase durante os meses de tempada alta de verán o habitual servizo de socorrismo.
Relacionadas:
-
Escolares de Vilanova retiran plásticos da praia de As Sinas da man do persoal de Amicos
Por Redacción |
-
Heroes de Ponte Sampaio ve "unha tomadura de pelo" a xestión do Concello na praia fluvial
Por Redacción |
-
Conta atrás para o verán: os socorristas chegarán con xuño a Areas, Silgar, Canelas e Montalvo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Cinco millóns para rexenerar toda a Xunqueira de Ponte Sampaio e duplicar o tamaño da súa praia fluvial
Por Alejandro Espiño |
-
Ponte Sampaio inaugurará cunha festa o seu parque infantil remodelado
Por Alba Feijoo Alonso |