Gonzalo Durán, a pola maioría para continuar co proxecto "que cambiou Vilanova"
Por Redacción
Tras 28 anos como alcalde, Gonzalo Durán optará a un novo mandato, o oitavo de xeito consecutivo. Será de novo o candidato do Partido Popular á Alcaldía de Vilanova de Arousa nas eleccións municipais que se celebrarán o próximo 28 de maio.
"Queremos dar continuidade ao proxecto que cambiou Vilanova de Arousa, e que se centra en mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, facer que, cada vez máis, o noso concello sexa un lugar máis agradable para vivir e con máis futuro”, subliñou Durán.
Os populares presentaron onte á noite ao equipo que o acompañará nesta nova etapa e que, segundo o alcalde, "é un reflexo da sociedade vilanovesa, con xente do mar, da terra, autónomos e profesionais de todo tipo, mozos e maiores, que combinan experiencia con certa renovación".
Javier Tourís (2), Nuria Morgade (3), Eliana Vidal (4), Adrián Baños (5), Rubén Parada (6), Carlos Noya (7), Ana María Carballa (8), José Manuel Rellán (9) ou María Isabel Martíns (10) forman parte da candidatura que presentará o PP en Vilanova.
A lista complétase con Áurea Bermúdez (11), Paula Viñas (12), María Rosa Leiro (13), Carlos Lede (14), Ricardo Carro (15), Yolanda del Río (16) e Vicente Piñeiro (17).
Gonzalo Durán, na presentación da candidatura, puxo en valor todo o traballo feito e destacou que "todos se dan conta de que Vilanova de Arousa cambiou e fíxoo para moito mellor".