Deteñen dous mozos sorprendidos in fraganti nunha venda de droga
Por Redacción
A Policía Nacional de Pontevedra detivo nos últimos días dous mozos que foron sorprendidos por unha patrulla mentres supostamente realizaban unha operación de intercambio de cocaína nunha rúa do centro da cidade.
Os mozos foron detidos por un delito contra a saúde pública pola venda polo miúdo de cocaína a terceiras persoas.
Unha patrulla que realizaba labores de prevención da seguridade cidadá detectou a presenza dun vehículo sospeitoso estacionado nunha rúa do centro e, cando os axentes se dirixían a identificar o seu ocupante, observaron que chegaba outro vehículo e presenciaron como, a través do portelo, os dous individuos realizaban un intercambio.
Os axentes identificaron os dous mozos e, tras efectuar un rexistro no interior do vehículo, atoparon un paquete cun envoltorio de plástico en cuxo interior atoparon dous anacos en forma dunha substancia que resultou ser cocaína. A continuación, foron detidos.
Os axentes interviñeron máis de 50 gramos de cocaína.