O Sergas confirma a morte na área sanitaria dun home de 48 anos positivo en covid
Por Redacción
As estatísticas relativas á pandemia hai xa meses que retardaron a súa marcha, pero de cando en vez prodúcense casos significativos como o reportado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este mércores 19 de abril.
Trátase do falecemento na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés dun home de só 48 anos de idade que presentaba positivo activo por coronavirus.
A súa morte eleva a 362 o número de persoas falecidas coa infección activa desde o inicio da pandemia.
Desde principios de ano apenas se reportaron unha decena de casos de mortes asociadas co coronavirus, tras pechar 2022 con 351 falecidos segundo os datos facilitados polo Sergas o pasado 30 de decembro.
En canto ao resto de indicadores, 21 persoas con positivo activo en covid permanecen ingresadas nos hospitais pontevedreses, 16 delas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 5 máis no Hospital do Salnés, todas en planta.