Domínguez aposta pola continuidade e coloca a sete dos seus oito concelleiros en postos de saída
"Lo que funciona no se toca". Ese é o espírito co que Rafa Domínguez deu forma á candidatura coa que o PP se presentará ás eleccións municipais. Oito dos seus actuais concelleiros repetirán en postos de saída. A única que non seguirá é Ana Isabel Vázquez.
Así, no seu segundo proxecto político a Domínguez acompañaralle o mesmo equipo que lle arroupou ata o momento e que ve con capacidade para "generar un cambio" en Pontevedra, persoas "comprometidas y capacitadas" para traballar pola cidade.
O líder popular destacou que, no últimos cinco anos, "no se habla de disensiones, tensiones ni problemas" no seo do partido, cuxos membros van "en la misma dirección". Esa unidade, dixo, "es clave" para ofrecer unha alternativa "sólida y responsable".
Tras o "tándem" formado por Rafa Domínguez e Pepa Pardo, o PP inclúe aos edís Pablo Fernández (3), Guille Juncal (4), Silvia Junco (5), Martín Martínez (6), Juanma Muñoz (7) e Gerardo Pérez Puga (9). No número 8 sitúase a ex dirixente veciñal da Parda Beatriz Rey.
No segundo tramo da candidatura é onde se concentran as novidades. Aí aparecen Silvia Crespo, vicepresidenta de AEMPE (10); o presidente de Novas Xeracións, Iago Acuña (11); a estudante Aroa Otero (12) e Jorge García Borregón, médico do Sergas (13).
A pediatra Raquel Martínez (14), o estudante Luís Encinas (15) ou o funcionario municipal Rafael Senn (16) ocupan os seguintes puntos da lista do PP, seguidos de Paula Losada (17), Wenceslao Esperón (18), José Freire (19), Cruz Casal (20) e Belén Lorente (21).
De maneira simbólica, pechan a candidatura Blanca García Señoráns (22), o ex alcalde Juan Luís Pedrosa (23), o ex subdelegado do Goberno, Alejandro Millán Mon (24); e a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor (25).
"Nos hemos rodeado de los mejores, de gente que sabe lo que hace y que está dispuesta a trabajar por los intereses de los ciudadanos", subliñou Rafa Domínguez, xente "seria, responsable, muy trabajadora e con ganas".
Durante a presentación desta candidatura, Domínguez explicou que a decisión de non contar con Ana Isabel Vázquez foi "fruto de una reflexión mutua", ao entender que o seu posto como xerente da Cidade da Cultura fai que "su etapa llegue hasta aquí".
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez presenta o seu proxecto, convencido de que en Pontevedra "toca cambio"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O plan de Domínguez para Mollavao inclúe un parque e novas pistas deportivas
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez avanza un proxecto de compromiso cos colectivos sociais da cidade
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez promete ata 5.000 euros en axudas para deportistas da cidade
Por Redacción |
-
Pontevedra Alternativa presenta a súa lista ás eleccións para "cambiar as cousas e melloralas"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Lores presenta os seus compañeiros de viaxe na candidatura do BNG á alcaldía de Pontevedra
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |