Arranca a Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/db9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6441490d4a-ribeiro-arnoia.jpg)
© Turismo de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/457/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643d5ed0c2-vinedos-en-la-ruta-de-valdeorras.jpg)
© Turismo de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6e4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643d602285-vinedos-de-o-ribeiro.jpg)
© Turismo de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/7ea/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643d605882-bodega-ruta-de-valdeorras.jpg)
© Turismo de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/178/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/644149c3ce-valdeorras.jpg)
© Turismo de Galicia
Turismo de Galicia, en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia, organiza a Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, coa que, de maneira conxunta e simultánea nos cinco territorios vitivinícolas galegos, se leva a cabo un programa completo de actividades de enoturismo.
Durante cinco fins de semana entre os meses de maio e xuño haberá visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción.
Para completar a experiencia, ofrécese unha selección de restaurantes, onde se poderá escoller entre dous menús concibidos particularmente para esta ocasión, e aloxamentos con ofertas especiais para a fin de semana.
Ademais, en cada Ruta pódese consultar un programa especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca e outras accións relacionadas co mundo do viño.
Nas adegas participantes realizaranse tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo co seguinte horario: 11:00 h, 12:30 h e 17:00 h o sábado, e 12:00 h o domingo.
O programa arranca na primeira quincena de maio coas Rutas de Valdeorras e do Ribeiro. Ata principios do mes de xuño desenvolveranse o resto das Rutas do Viño: Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei.
No Facebook de Turismo de Galicia realízanse varios concursos en cada Ruta do Viño, nos que se sortean premios consistentes nunha noite de aloxamento para dúas persoas en cuarto dobre nun dos establecementos asociados participantes máis o xantar do día seguinte nun restaurante socio da Ruta.
RUTA DO VIÑO DE VALDEORRAS (DO 5 AO 7 DE MAIO)
A primeira fin de semana de maio os Buses do Viño farán diferentes rutas. O sábado 5 de maio sairán dende A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e Ponferrada. E o domingo 6 de maio dende Santiago, A Coruña e Vigo. Ao remate da xornada, o autobús regresará ao punto de saída. En todo momento, os asistentes estarán acompañados por un guía turístico.
O prezo é de 10 euros para as persoas adultas e para os menores de entre 3 e 13 anos o custo é de 5 euros. O xantar non está incluído, deixándose dúas horas libres na Rúa ou no Barco de Valdeorras, segundo o caso. As prazas son limitadas, polo que se recomenda reserva previa, neste enderezo: www.rutadelvinovaldeorras.com/es-ES/noticia/primavera-de-portas-abertas-da-ruta-do-vino-de-valdeorras
As adegas da Ruta dos Viños de Valdeorras que participan neste programa son: A Coroa, Adega Melillas, Alan de Val, O Cepado, Cova da Xabreira, Da Pinguela, Godeval, Joaquín Rebolledo, O Casal e Roandi.
Ademais dos Buses do Viño, pódese coñecer a Ruta de Valdeorras a través da contratación da ampla oferta de actividades ao redor destes caldos e os seus lugares de referencia. A información detallada pode consultarse na web de Turismo de Galicia: www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/portas-abertas-nas-rutas-dos-vinos/ruta-do-vino-valdeorras. Entre outras, catas, paseos entre viñedos, lagares e covas, degustacións, merendas, visitas a parques naturais e monumentos, cantos de taberna ou rutas en bicicleta eléctrica.
A través da páxina de Turismo de Galicia tamén se poden consultar a lista de aloxamentos e restaurantes que preparan unha oferta especial para os participantes na Ruta dos Viños de Valdeorras. Os aloxamentos son sete: A Pontevella en Carballeda de Valdeorras; Aurum Valdeorras, Hotel Malecón e Hotel Monumento Pazo do Castro no Barco de Valdeorras; Hotel Calzada e Paladium en Vilamartín de Valdeorras; e Pacio do Sil na Rúa. E os restaurantes participantes son catro: A Capilla Granja Escuela no Bolo; Casa Galaica e Pazo do Castro no Barco de Valdeorras; e Paladium en Vilamartín de Valdeorras.
RUTA DO VIÑO DO RIBEIRO (DO 12 AO 14 DE MAIO)
O sábado 13 de maio sairán os Buses do Viño dende Ourense, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela e A Coruña. O domingo 14 de maio sairán desde Santiago de Compostela, Pontevedra e Ourense. En cada ruta visitaranse algunhas das adegas participantes no programa Primavera de portas abertas e parte do patrimonio vitivinícola. En todo momento os asistentes estarán acompañados por un guía turístico.
O prezo é de 10 euros para as persoas adultas e para os menores de entre 3 e 13 anos o custo é de 5 euros. O xantar non está incluído, deixándose dúas horas libres. As prazas son limitadas, polo que se recomenda reserva previa a través deste enderezo: https://rutadelvinoribeiro.com/primavera-de-portas-abertas-na-ruta-do-vino-do-ribeiro-2023/
As adegas da Ruta do Viño do Ribeiro que participan neste programa son: Casal de Armán, Celme, Cooperativa San Roque, Cuñas Davia, Cunqueiro, Leive Ecoadega, Pazo de Vieite, Pousadoiro, Priorato de Razamonde, Ramón do Casar e Viña Costeira.
Ademais dos Buses do Viño, pódese coñecer a Ruta do Viño do Ribeiro a través da contratación das actividades especialmente deseñadas para este programa e que se poden consultar na web de Turismo de Galicia: www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/portas-abertas-nas-rutas-dos-vinos/ruta-do-vino-do-ribeiro. Cóntanse, entre outras, unha ruta de tapeo, visita nocturna a Ribadavia, visita a adegas con degustacións, catas de viños ou vermús, pícnic entre viñedos e paseo polo Miño. Ademais, proponse complementar estas actividades coa visita gratuíta ao Museo do Viño de Galicia e ao Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Os aloxamentos adheridos a esta campaña son sete, repartidos entre os concellos de Boborás (Aldea Rural Pazos de Arenteiro), A Arnoia (Arnoia Caldaria), Ribadavia (As Casiñas, Casa dos Ulloa, Casal de Armán e Pazo de Esposende) e Cenlle (Gandarela Turismo Rural). Os restaurantes participantes neste programa situánse na Arnoia (Arnoia), Ribadavia (Casal de Armán), Castrelo de Miño (Parque Náutico de Castrelo) e Cenlle (Pazo de Toubes).