Récord de postos na cuarta edición de Pontesán, a feira que promove hábitos de vida saudables
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c05/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643943ace8-20230414-patxot-pontesan-0162.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a66/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643943a46d-20230414-patxot-pontesan-0133.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/9ba/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643943ab1b-20230414-patxot-pontesan-0156.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/45c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643943b148-20230414-patxot-pontesan-0177.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0d5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/643943afce-20230414-patxot-pontesan-0172.jpg)
© Mónica Patxot
'Longa vida a Pontesán' pediu Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, na inauguración da cuarta edición da Feira da Saúde e o Benestar, que se celebra nunha carpa instalada na Praza de España con 44 postos de entidades; asociacións socio-sanitarias; federacións e clubs deportivos; colexios oficiais e institucións nas que ofrecen información sobre as actividades que desenvolven para mellorar os hábitos de vida.
Desde este venres ata o domingo, aquelas persoas interesadas na nutrición e na loita contra a obesidade, temas establecidos como referente para esta edición, teñen a oportunidade de achegarse ata os mostradores e coñecer técnicas, propostas, iniciativas e mesmo deportes que poden axudar a mellorar física e mentalmente.
Durante a inauguración, Tino Fernández, concelleiro de Deportes, lembrou que esta actividade é única en todo o Estado xa que se centra en axudar os pacientes para manter unha mellor calidade de vida. Agradeceu expresamente ao alcalde a súa aposta por fomentar estas iniciativas que colaboran no fomento do modelo de cidade. Pola súa banda, Gregorio Agís, deputado provincial, convidou a desenvolver hábitos de vida saudable e a queimar calorías.
O alcalde mostrouse moi orgulloso aclarando que a decisión máis importante adoptada polo goberno local foi construír unha cidade pensada para as persoas e especialmente para as que presentan maiores necesidades coa intención de que se relacionen, convivan e fagan exercicio: "Iso é o que fai unha cidade cohesionada". Destacou que Pontevedra recibira o premio á Excelencia de Deseño Urbano saudable de Nova York, aspecto relacionado con estas decisións políticas de mellorar os espazos para potenciar a saúde da cidadanía.
Dentro dunha ampla programación, durante a tarde deste venres desenvolveuse un Taller de Primeiros Auxilios da Cruz Vermella. Na xornada do sábado 15 destacan unha mesa redonda sobre o coidado da dieta e unha charla de representantes da asociación Acohólicos Anónimos sobre o alcoholismo e as súas consecuencias.
O domingo, a xornada iniciarase ás 10.00 horas cunha andaina solidaria e finalizará cun taller-coloquio a cargo da Asociación Española contra o Cancro (AECC).
Numerosas entidades participan este ano coa pretensión de visibilizar o labor que realizan no fomento de hábitos saudables ou do coidado de persoas como, entre outras, a Asociación de Celíacos de Galicia (Acega); Asociación de Persoas Diagnosticad@s de Cancro de Mama; Asociación de Nenos, Nenas e Xente Nova con Diabete (Anedia); Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (Afapo); Asociación Juan XXIII; Amencer-Aspace (Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afíns); Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomizados (Asseii); Dragon Board BCS; ou a Asociación Española de Terapeutas Morfoanalistas (neste últimos tres casos engádense entrevistas ao final desta información sobre as súas propostas e actividades).
Pontesán 2023
Este venres 14 inaugurouse a IV Feira da Saúde e do Benestar, que se desenvolverá durante toda a fin de semana na Praza de España
© Mónica Patxot
Explicación das Terapias Morfoanalistas para atender problemas de saúde
Belén Ríal e Adela Blanco. Presidenta e secretaria da Asociación Española de Terapeutas Morfoanalistas
© PontevedraViva
Iniciativa do Dragon Boat BCS integrado por mulleres pacientes de cancro de mama
Mari Carmen Buceta. Integrante do Dragon Boat BCS
© PontevedraViva
Reclamación de aseos públicos de ASSEII
Ángeles Paz. Presidenta de ASSEII (Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal)
© PontevedraViva