Inaugurada a XXXIX Semana Galega de Filosofía coa arte como tema principal
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/18b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6433d3d887-20230410-patxot-semana-galega-filosofia-2523-2523.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/533/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6433d3d9cc-20230410-patxot-semana-galega-filosofia-2527-2527.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0d5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6433d3da21-20230410-patxot-semana-galega-filosofia-2528-2528.jpg)
© Mónica Patxot
O Teatro Principal de Pontevedra acolleu este luns a inauguración dunha nova edición da Semana Galega de Filosofía. A piques de cumprir os 40 anos de existencia, o evento organizado pola Aula Castelao de Filosofía aposta pola arte como tema principal para esta nova entrega.
O presidente desta organización, Alexandre Cendón, explicou que a entrada ás conferencias é libre e gratuíta ata completar aforo, e mostrouse optimista para esta nova edición. Cendón afirmaba que "o noso propósito é achegar a filosofía á cidadanía".
En canto á temática escollida, o presidente da Aula Castelao resaltaba o labor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, xunto a outros representantes do mundo das artes, como elementos importantes nesta entrega da Semana Galega de Filosofía.
Cendón inauguraba estas xornadas falando dos temas que se exporán nas charlas, e explicaba que "a arte ábrenos a unha experiencia estética diferente", definindo a esta disciplina como un medio de produción do pensamento.
Para acabar coa súa intervención, Alexandre Cendón plantexaba preguntas que se falarán ao longo desta semana como "a arte é unha fin en se mesma ou pode converterse nun elemento de crítica e transformación social?"
O encargado de abrir as conferencias foi Francisco Jarauta, Catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia. Jarauta inaugurou a xornada con Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!
O catedrático mostrou o seu entusiasmo por volver a Pontevedra, e afirmou que "yo abundaré en los temas de la filosofía en relación con el mundo contemporáneo". Doutra banda, Jarauta referiuse á arte explicando que "sería imposible contar la historia del mundo actual sin pasar por el camino del arte".
Doutra banda, o acto contou coa presenza do alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, e a vicerreitora do campus de Pontevedra a Universidade de Vigo, Eva María Lantarón. Lores quixo destacar a importancia de que Pontevedra siga sendo sede de eventos deste tipo.
O alcalde afirmaba que "a arte é un elemento puramente humano que nos define como especie". A vicerreitora, pola súa banda, explicaba que o Campus de Pontevedra "é o campus da creatividade".
Lantarón destacaba que é un privilexio celebrar este evento en Pontevedra, e que "a Universidade de Vigo ten que ser patrocinador e colaborador deste tipo de actos que dan visibilidade á filosofía e á cultura".
Inauguración da XXXIX Semana Galega de Filosofía
Este luns inaugurouse unha nova edición da Semana Galega de Filosofía. Esta entrega, celebrada no Teatro Principal, unirá filosofía e arte como tema principal nas diversas conferencias celebradas ao longo da semana.
© Mónica Patxot