Un home de 56 anos, ferido nun atropelo na Barca
Por Redacción
Un home de 56 anos resultou ferido na mañá deste domingo nun atropelo rexistrado na avenida da Barca, en Poio.
Segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio, o accidente produciuse sobre as 10.50 horas deste domingo na estrada PO-308.
A Policía Local indica que un turismo atropelou esta persoa cando cruzaba polo paso de peóns, causándolle lesións.
Unha ambulancia do 061 trasladou o ferido a un centro sanitario.
A Policía Local de Poio está a investigar a causa do accidente.