Colofón a unha Semana Santa de bo tempo e actos multitudinarios
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/933/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6433232d62-20230409-saiz-praza-ferreria-encontro-procesion-jesus-resucitado-019.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/14a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/64332332e5-20230409-saiz-praza-ferreria-encontro-procesion-jesus-resucitado-039.jpg)
© Cristina Saiz
A procesión do Encontro de Xesús Resucitado coa súa nai a Virxe María foi este domingo de Resurrección o colofón dunha Semana Santa marcada polos actos multitudinarios en Pontevedra. Animados polo bo tempo, pontevedreses e visitantes presenciaron de forma masiva os actos relixiosos organizados desde o Domingo de Ramos.
Este domingo, a pesar de que o tempo sufriu un lixeiro empeoramento, a procesión final repetiu éxito en todo o percorrido das imaxes que, partindo das igrexas de San José, San Bartolomé e Santa María, atopáronse na praza da Ferrería.
A imaxe da Nosa Señora do Amor Fermoso desde San José, a de Jesús Resucitado desde San Bartolomé e a de San Juan e María Magdalena desde Santa María, estiveron custodiados polas súas respectivas confrarías e por un nutrido grupo de fregueses.
O encontro na Ferrería e o posterior regreso a San José baixaron o pano a unha semana de procesións e actos litúrxicos.
Última procesión da Semana Santa 2023
Este Domingo de Resurrección, a Semana Santa pontevedresa chegou ao seu fin coa procesión do Encontro de Xesús Resucitado coa súa nai a Virxe María, que terminou na praza da Ferrería
© Cristina Saiz
Procesión do Encontro de Xesús Resucitado coa súa nai a Virxe María
© Cristina Saiz