A procesión do 'Santo Enterro' volveu encher as rúas da Boa Vila
Coa tradicional e multitudinaria procesión do 'Santo Enterro', Pontevedra entra na recta final de actos da súa Semana Santa.
As sete confrarías pontevedresas participaron na marcha, que como cada ano partiu da Real Basílica de Santa María tras a misa das 20:00 horas para completar un percorrido por Santa María, a praza de España, Riestra, Oliva, García Camba, Peregrina, Soportais, Manuel Quiroga, Don Filiberto e Alhóndiga concluíndo de novo na basílica
Así, tras a cruz parroquial e o calvario, foi o Cristo resucitado (Corpo Santo), a Nosa Señora do Amor Fermoso e a Verónica (Nuestra Señora del Amor Hermoso), a Virxe da Maior Dor (Mayor Dolor) e a Nosa Señora das Angustias (Silencio)
Seguiron o Cristo xacente (Nuestro Padre Jesús con la Cruz a Cuestas) e a Virxe da Misericordia (Vera Cruz), tras as que pasou a Santa Cruz (Espírito Santo), o clero e as autoridades para pechar o desfile litúrxico.
Este sábado é a quenda da vixilia pascual e, como novidade, terá lugar ás doce do mediodía o traslado da imaxe do Ecce Homo entre Santa María e O Burgo, procesión que incluirá sete paradas en Alonso de Fonseca, Santa María, Praza do Peirao, ponte do Burgo, Praza de Santa Ana, Rúa Santiña e o adro da igrexa do Burgo, para ler os sete dores de María Santísima.
Procesión do 'Santo Enterro'
Sete confrarías pontevedresas participaron na procesión do Venres Santo que partiu da Basílica de Santa María despois da misa das 20:00 horas
Diego Torrado