Ferida leve unha muller tras ser atropelada nun paso de peóns de Augusto García Sánchez
Por Redacción
Unha ambulancia do 061 tivo que trasladar a un centro hospitalario da cidade a unha muller vítima dun atropelo na rúa Augusto García Sánchez de Pontevedra.
O suceso produciuse cando a muller cruzaba por un paso de peóns, situado ao lado do coñecido restaurante Casa Román, sobre as 18:15 horas da tarde deste xoves.
Ao lugar do atropelo desprazouse unha patrulla da Policía Local, ademais dos efectivos do 061, decidindo estes últimos evacuar a vítima ao queixarse dunha forte dor no brazo.