Os coles de Ponte Caldelas tamén reciben un agasallo de Nadal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas aproveita o parón lectivo do Nadal para realizar reparacións e tarefas de mantemento en instalacións educativas do municipio. Os operarios municipais pintan aulas e corredores no CEIP Cordo Boullosa e realizan reparacións de carpintaría no CEIP da Reigosa.
Segundo explicou o Concello, estas actuacións obedecen ás peticións realizadas polas respectivas comunidades educativas dentro da disposición especial municipal a atender as demandas en materia de reparacións e mantemento dos centros educativos do municipio co fin de que os alumnos de ensino público poidan cursar os seus estudos nas mellores condicións posibles.
Algunhas actuacións realizáronse xa en verán e agora tocaban as que quedaban pendentes. Durante as vacacións estivais no CEIP Cordo Boullosa ampliáronse e pintaron varias aulas despois de que operarios municipais procedesen a demoler varios armarios de obra en desuso.
Así mesmo, tamén antes do inicio do presente curso escolar, se procedeu no CEIP da Reigosa a reparar a fachada lateral do edificio, moi afectada por efectos das incidencias meteorolóxicas, e que precisaba dunha urxente intervención que se acometeu en colaboración coa Consellería de Educación de la Xunta de Galicia.