Todo a punto en Pontevedra para darlle a benvida os Reis Magos de Oriente
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Pontevedra ten ultimados xa os preparativos para darlle a benvida aos Reis Magos de Oriente que volverán a visitar a cidade este domingo 5 de xaneiro. Como vén sendo habitual, recollerán en persoa as peticións dos nenos nunha recepción oficial no Pazo de Mugartegui, e pola tarde participarán na tradicional Cabalgata que será a última aparición pública dos Reis Magos antes de visitar, pola noite, os fogares de todos os nenos pontevedreses.
A chegada dos Reis Magos está prevista ás 10.45 horas cando partirán da Casa Consistorial en dirección ao Pazo de Mugartegui para iniciar a recepción oficial. Irán acompañados de todo o seu séquito ademais dunha parte dos agasallos que pola noite entregarán nas casas dos nenos. Chegarán á cidade en cabalo, aínda que poderá variar en función das condicións climatolóxicas.
Xa no Pazo de Mugartegui, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores dará a benvida a Pontevedra aos Reis Magos. A recepción oficial comezará ás 11.00 horas e rematará arredor das 14.00 horas. Logo, as súas maxestades retiraranse a descansar ata a saída da cabalgata prevista ás 18.00 horas dende a rúa José Malvar.
Na cabalgata, os Reis Magos de Oriente irán acompañados dunha extensa comitiva, que estará aberta e pechada pola Policía Local. Estará integrada polas seguintes carrozas e grupos:
- Banda de Música de Salcedo
- Bombeiros
- Grupo de Cabalería
- Troula: "Chegan os indios".
- Carroza Superheroes
- Art-Monium: "Tres dragóns".
- Grupo folclórico "Os de algures"
- Rivel: "Burbullas douradas"
- Carroza Paxaro e foca
- Rivel: "Paiasos"
- Charanga Charandonga
- Art Monium: Cinco cabezudos e o cabaleiro
- Carroza Popeie
- Bonecos de neve
- Charanga Apeles
- Rivel: "Con rodas e toleando"
- Carroza Nemo
- Agrupación folclórica Airiños da Fracha
- Grupo de pastores
- Camelos
- Art-Monium: "Carboneiros"
- Carroza do Rei Melchor
- "Séquito de Urso"
- Grupo Folclórico "Os Alegres"
- Troula "Brancaneves e os sete enaniños"
- Carroza do Rei Gaspar
- Rivel "Adornos e agasallos de Nadal"
- Art Monium "Percusionistas e bailaríns"
- "As xirafas"
- Carroza do Rei Baltasar
- Troula "As pompas de Nadal"
OPERATIVO DE TRÁFICO
A Policía Local comezou este xoves 2 de xaneiro a instalación de valos alertando do dispositivo de tráfico previsto para esa xornada.
O desfile festivo desenvolverase polas rúas José Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal e Michelena para finalizar na Praza de España. O lugar de concentración e saída será José Malvar e sobre as 16.30 horas será cortada ao tráfico rodado. A Policía Local de Pontevedra sitúa entorno ás 17.30 horas o peche do resto de rúas polas que transcorrerá a cabalgata, aínda que alerta de que podería adiantarse dependendo da afluencia de público ou das necesidades do servizo.
En canto aos aparcadoiros, estará prohibido estacionar a partir das 9.00 horas en José Malvar. En Loureiro Crespo e Benito Corbal prohibirase a partir das 12.00 horas mentres que en Echegaray non se poderán estacionar vehículos a partir das 15.00 horas. Os vehículos que se encontren aparcados con antelación ás indicacións serán trasladados a outro lugar. Aqueles condutores que o fagan con posterioridade á colocación dos valos serán denunciados e retirados coa grúa municipal e aboarán as taxas correspondentes.
Dende a Policía Local reclámase a colaboración dos condutores e unha especial atención á sinalización circunstancial.