Desarticulan dous puntos negros de venda de droga no centro de Vilagarcía

Por Redacción
A Policía Nacional de Vilagarcía desarticulou un punto de venda e distribución de drogas situado no centro da localidade e logrou deter aos supostos responsables.
Os supostos responsables son dous veciños de Vilagarcía de Arousa aos que se atribúe un delito de tráfico de drogas, segundo a información facilitada pola Policía Nacional.
Os detidos foron interceptados polos axentes no marco dunha serie de dispositivos establecidos para atallar en Vilagarcía o menudeo e pequeno tráfico de substancias estupefacientes e tratar de erradicar os puntos negros de venda de drogas.
Cando os axentes os interceptaron, estaban a realizar transaccións de droga en plena vía pública e atopáronlles ocultas na roupa diversas substancias. Un tiña 15 bolsas de cocaína termoselladas e o outro, 5 gramos de heroína e 250 euros.
Desde a Policía Nacional destacan o traballo realizado polas unidades de investigación de policía xudicial xunto coa delegación de participación cidadá, a través da cal se canalizaron as queixas veciñais pola existencia dos puntos negros