Denuncian unha vertedura "escandalosa" no monte Catadoiro, entre Lourizán e Salcedo

Por Anxo Lourido

© Iván Pérez

© Iván Pérez
Iván Pérez é un veciño da parroquia pontevedresa de Lourizán que realiza denuncias de verteduras en diferentes puntos do Concello de Pontevedra. Representante da Comunidade de Montes de Lourizán e de Zume Nova alerta da aparición dunha "escandalosa" vertedura de materiais no monte Catadoiro, entre o límite de Lourizán e Salcedo.
Sinala que un camión de voluminosos con restos de mobles, portas, calefactores e electrodomésticos abandonou todo este material no medio dunha pista forestal.
Engade que a esta situación súmanse outras verteduras de pneumáticos de coches, problema que se reproduce de forma reiterada. Indica que máis de tres puntos forestais no municipio apareceron con máis de vinte rodas cada un.
Iván Pérez advirte tamén de que o responsable da retirada destes residuos é o propietario da parcela, nalgúns casos persoas particulares e, noutros, as comunidades de montes.
Indica que a Mancomunidade de Montes de Pontevedra leva tempo denunciando esta situación, que se repite practicamente en todas as comunidades de montes con incidentes incontrolados para os que demanda unha solución.
Denuncian verteduras en montes de Pontevedra
Iván Pérez alerta de verteduras de voluminosos e de pneumáticos
© Iván Pérez
Relacionadas:
-
Denuncian dúas novas verteduras de entullos no monte comunal de Vilaboa
Por Redacción |
-
Eliminan unha vertedura de augas residuais procedente dunha instalación industrial de Meis
Por Redacción |
-
A vertedura con materiais tóxicos denunciado no monte de Lourizán segue medrando
Por Manu Otero |
-
VÍDEO.- O colectivo Savia Nova denuncia verteduras ilegais e tóxicas na contorna de Lourizán
Por Redacción |