Pepa Pardo reclama actuacións de urxencia no Mercado de Abastos
Por Redacción
Pepa Pardo, concelleira do Partido Popular de Pontevedra, visitou nos últimos días o Mercado de Abastos da rúa Serra e manifesta que continúan observándose deficiencias nas instalacións.
Indica que "se ignoraron por completo os nosos avisos e non se fixo nada" neste espazo, a pesar de que o PP levou varias propostas ao pleno municipal. Por este motivo, reclama unha intervención de urxencia.
"Puidemos comprobar que todo segue igual", asegura a representante do partido da oposición no municipio. Entre as deficiencias que se detectan, segundo Pepa Pardo, atópase a falta de caixas de primeiros auxilios. Alerta tamén do non funcionamento dos montacargas.
Por último, sinala que os canos se atopan desbordadas e non desaugan. Explica que é necesaria unha actuación urxente para resolver estas carencias.