Pontevedra terá pleno de debate do estado do municipio neste mandato
Por Redacción
La presidenta de la Comisión de Régimen Interior y portavoz del gobierno, Anabel Gulías, anunció este miércoles que la corporación celebrará en este mandato un pleno de debate del estado del municipio que convocará el alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. Los detalles se tratarán en una próxima junta de portavoces.
A concelleira explicou ao remate da comisión que na sesión deste mércores tratouse unha moción do Partido Popular que solicita a modificación do regulamento orgánico do pleno para celebrar o pleno do estado da cidade.
O goberno municipal abstívose na votación por dous motivos: o primeiro porque "é imposible facer unha modificación do regulamento e que estea lista para xa", e a segunda porque o grupo municipal do BNG foi o que impulsou a creación dese pleno que se incluíu no regulamento do pleno do ano 1987.
Retirouse do regulamento "precisamente por proposta do PP e hoxe en 2023 reivindican, de novo, a introducción desta figura", indicaba Anabel Gulías.
"O PP e o señor Domínguez non ten as ideas moi claras, de todos os xeitos, estamos encantadas de dicir que vai a haber pleno de estado do municipio neste mandato. O alcalde vai a facer esta proposta na xunta de portavoces", concluíu a concelleira.