Primeira xornada sen máscara no transporte público
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Pouco a pouco e con total normalidade, as persoas usuarias do transporte público comezaron a adaptarse este mércores á medida que este mércores entraba en vigor da fin da obrigatroiedad de levar máscaras protectoras nos sistemas colectivos de pasaxeiros.
Carolina Darias, ministra de Sanidade, afirma que a decisión se adoptou co parecer favorable dos expertos da Ponencia de Alertas, Plans de Preparación e Respostas, e tras escoitar os integrantes do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.
A estabilidade e a tendencia á baixa dos casos de covid-19 provocou esta eliminación das máscaras nos transportes públicos.
O uso obrigatorio dos tapabocas vai manterse, pola contra, en centros e servizos sanitarios; nas oficinas de farmacia e botiquíns; ademais doutros centros sociosanitarios.
Desde o goberno aconsellan o uso das máscaras no caso de que as persoas presenten sintomatoloxía compatible cunha infección respiratoria aguda e ás persoas vulnerables. Tamén se recomenda en espazos pechados e en eventos multitudinarios, así como na contorna familiar e en reunións ou celebracións privadas, en función da vulnerabilidade dos participantes.