Un motorista falece ao chocar cunha farola en Meaño
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un motorista perdeu a vida este venres nun accidente de circulación na parroquia de Dena, no Concello de Meaño. O falecido é A.P.O., un veciño de Vilalonga (Sanxenxo) de 34 anos.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse sobre as 17.10 horas da tarde á altura da casa número 46 da rúa Coirón. Desprazáronse ao lugar unha ambulancia asistencial do 061, persoal do Punto de Atención Continuada de Sanxenxo, Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico.
Por motivos que se descoñecen, unha moto de gran cilindrada saiuse da vía e colisionou cunha farola. As testemuñas chamaron a Urxencias Médicas de Galicia 061 alertando dunha persoa ferida. Pouco despois, desde a Agrupación de Protección Civil confirmouse o falecemento do motorista.
O sinistro produciuse nun núcleo poboado de Dena e a súa espectacularidade congregou na zona a numerosos veciños.