Un ano menos de cárcere para un home que abusou dunha nena de 12 años, filla da súa parella
Por Redacción
A Audiencia de Pontevedra rebaixou de dez a nove anos de cárcere a condena imposta no seu día a un home que abusou sexualmente da filla da súa parella, en aplicación da Lei 10/22, máis coñecida como a lei do 'só si é si'.
Na súa resolución, as maxistradas da sección cuarta explican que, no seu momento, tendo en conta diversas circunstancias, entre elas a atenuante de confesión, optouse pola imposición da pena mínima prevista na súa metade superior.
Ese mínimo na nova lei, lembra o tribunal, quedou fixado en nove anos, polo que entenden que a condena debía de ser revisada ao ser a lexislación máis favorable ao reo.
A sentenza inicial, asinada por esta mesma sección da Audiencia de Pontevedra en maio de 2021, estimaba probado que o acusado, un home de 40 anos, abusou sexualmente da filla da súa parella, que era menor de idade, entre setembro de 2018 e maio de 2019.
Os abusos, que comezaron con bicos e tocamentos diversos, acabaron derivando en relacións sexuais completas, que se repetían todas as fins de semana que a menor, que estaba baixo a custodia do seu pai, ía visitar á súa nai.
Estes feitos provocaron na menor, que cando comezaron os abusos tiña só 12 anos, diversos trastornos neuróticos e secuelas que lle levaron a recibir tratamento psiquiátrico.
Relacionadas:
-
Rebaixan a condena a dous violadores pola lei do 'só si é si', pero non supón a súa excarceración
Por Natalia Puga |
-
A Audiencia Provincial de Pontevedra rebaixa as penas impostas a dous condenados por delitos sexuais
Por Oskar Viéitez |
-
O PP reclama en Marín a corrección da Lei do 'só si é si' e o cesamento da ministra de Igualdade
Por Oskar Viéitez |
-
Rebaixan a pena a un pai condenado por violar ás súas fillas adolescentes en Marín
Por Natalia Puga |
-
O TSXG confirma a condena de 24 anos de cárcere imposta a un pai que violou á súa filla desde que tiña 5 anos
Por Oskar Viéitez |
-
A Audiencia de Pontevedra rebaixa as penas a dous condenados por delitos sexuais ao aplicar a lei do "só si é si"
Por Oskar Viéitez |