RADIO.- Pon unha planta de interior na túa vida, non é marketing, díxoo a NASA
Por Redacción
Pon unha planta na túa vida, quen di na túa vida, na túa casa.
Porque o verde é a cor da esperanza e mellora o benestar, porque nesta época do ano aumentan o estado de ánimo ou se necesitas unha razón máis contundente porque desde finais dos 80, un estudo da NASA, a Axencia do Espazo Americana concluíu que hai unha variedade de plantas de interior que teñen a capacidade de purificar o ar.
Corroborárono en PontevedraViva Radio as tres primeiras invitadas deste 2023. Esperanza Otero e Ángela Ogando, empresarias pontevedresas dedicadas a este sector con Plántate; e a creadora de contidos Clara Redondo, coñecida como plantitiscronica
Non só falaron destes beneficios das plantas nos fogares, tamén en espazos pechados de traballo, onde a presenza de plantas "fomenta mellores relacións e mesmo a produtividade".
Faláronnos nas 'Conversas na Ferrería' dalgúns erros moi frecuentes entre aquelas persoas que fan grande ese grupo de "non hai planta que me sobreviva"; sabías, por certo, que significa o de ter un 'planthijo' ou 'plantihija'?.
As respostas ao teu alcance, só pulsa na ligazón que se adxunta a esta información para escoitar o podcast.