Un veciño de Barro detido por provocar un incendio forestal ao escapárselle unha queima
Por Redacción
Axentes da Autonómica en Pontevedra procederon á detención dun home como presunto autor dun incendio forestal imprudente no concello de Barro o pasado día 12.
O lume produciuse polo escape dunha queima forestal na que non se adoptaron as medidas de prevención necesarias e para a extinción do mesmo foi necesaria a intervención do persoal de loita contra incendios da Xunta. Neste caso as lapas arrasaron 800 metros cadrados de superficie arborada.
As correspondentes dilixencias foron elevadas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de Garda de Pontevedra.
Con este veciño de Barro, xa son 121 as persoas detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais en Galicia.