A Policía Autonómica detén ao presunto autor dun incendio forestal en Sanxenxo
Por Redacción
Os axentes da Autonómica en Pontevedra procederon á detención dun veciño de Sanxenxo ao que se lle atribúe un incendio forestal imprudente producido na parroquia de Padriñán.
Segundo informan dende a Consellería de Presidencia, o lume afectou a 2.000 metros cadrados de superficie arborada, non sendo maior pola rápida actuación do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta.
As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de garda de Cambados.