A Lama pon a disposición da Xunta terreos municipais para construír un novo centro de saúde
Por Redacción
O Concello da Lama pon a disposición da Xunta uns terreos municipais para a construción dun novo centro de saúde para substituir o actual, que "presenta problemas estruturais que fan necesaria a substitución a curto prazo".
Estas deficiencias as puido comprobar o xerente da área sanitaria Pontevedra y O Salnés, José Flores, que visitou este venres este vello edificio nos que os problemas de humidade e calefacción "son constantes".
Uns problemas que, desde hai meses, entre o Concello e o Sergas están tratando de parchear mediante obras de mantemento e rehabilitación pero que non dan máis de si.
"Seguirán implementándose solucións aos problemas de humidades por unha cuberta que xa non dá máis de si", explicou o alcalde Jorge Canda, que plantexou aos responsables sanitarios a necesidade de asinar un convenio entre a Consellería de Sanidade e o Concello da Lama para a construción dun novo centro de saúde.
Os terreos nos que poderá construirse este novo centro, o goberno local os cede "de xeito inmediato para contribuir ao convenio".
As posibles ubicacións as puxo sobre a mesa para que os técnicos que acompañaban a Flores tomaran nota e o transmitan ao propio conselleiro, Julio García Comesaña, e os responsables da consellería para traballar de cara a un futuro inmediato nesa alternativa.