Buscan novos retos solidarios para 2023 tras recadar 6.068 euros para Autismo BATA
Por Redacción
O concerto solidario organizado este domingo 18 de decembro no Pazo da Golpelleira en Vilagarcía de Arousa en beneficio da asociación Autismo Bata resultou todo un éxito e conseguiuse o reto marcado.
Así, buscábase recadar fondos para o proxecto dun xardín sensorial para os usuarios de Autismo Bata, que dispón dun colexio de Educación Especial específico para alumnado con TEA (Transtorno do Especto Autista).
Esta iniciativa solidaria promoveuna a Fundación Mediolanum Aproxima e permitiu entregar a este colectivo de Vilagarcía un cheque de 6.068 euros.
O total do donativo é resultado de 3.034 euros logrados coas achegas cidadás na actuación do Orfeón Voces Graves "Arousa" este domingo e de que a Mediolanum Aproxima achegase outro tanto de fondos propios.
Unha vez superado este reto, desde Fundación organizadora agradecen toda a solidariedade e agora piden colaboración cidadá para localizar un proxecto solidario local para marcarse un novo reto en 2023.