O "espírito navideño" brilla pola súa ausencia no pleno municipal
Por Alejandro Espiño
Nin as datas na que estamos, véspera dos días máis entrañables do ano, nin as continuas alusións ao 'espírito do Nadal', lograron rebaixar a tensión no pleno municipal celebrado este luns no Teatro Principal, que acabou sendo una sesión demasiado rifada.
A concordia coa que se aprobou a moción relativa á situación da sanidade pública en Pontevedra brillou pola súa ausencia no resto da sesión pero, sen dúbida, foi na iniciativa do PP con respecto ás luces de nadal cando se superaron todos os niveis de crispación.
Un reproche desde a bancada do BNG ao ton empregado por Pepa Pardo para debater esta moción fixo que a concelleira do PP se sentira agredida, chamando "feminista de pancarta" a Anabel Gulías ou "machista empedernido" ao alcalde de Pontevedra.
"Yo soy como soy. Hablo como quiero, cuando quiero, como quiero y de lo que quiero", revindicou Pardo, que tamén afeou que lle instasen a intervir en galego.
Apuntou que "hablo lo que me da la gana porque existe la Constitución española y el idioma oficial es el español y, también el gallego. Ya está bien de dar tanta instrucción", tras o cal engadiu "cuánto machismo suelto en la bancada de la izquierda".
Xa centrada no debate, Pepa Pardo cualificou de "gran mentira" e de "burda excusa" que o Concello apelase ao medio ambiente e ao aforro enerxético para atrasar ao 16 de decembro o acendido das luces. "Intentaron tapar su falta de gestión y su ineficacia", dixo.
"Pontevedra es el Grinch", sostivo a concelleira do PP, que censurou a "chapuza administrativa" que supuxo este contrato e lamentou o "grave perjuicio" para os comerciantes "que no han podido competir en igualdad de condiciones" con outras urbes.
A responsable de Festas, Carme da Silva, volveu a reiterar que acender as luces o 16 de decembro foi una decisión adoptada "por coherencia" ante a emerxencia climática e ironizou con que a "receta" do PP para todo sexa "menos impostos e dar subvencións".
Da Silva asegurou que hai dous modelos "contrapostos" de entender o futuro de Pontevedra e, segundo destacou, o do PP é "arrasar con todo e destruír por completo" o modelo urbano implantado na Boa Vila.
No pleno deste luns tamén se rexeitou a moción defendida pola edil popular Silvia Junco, que reclamaba un plan de humanización integral para o barrio da Parda, "abandonado e inexistente" para o goberno municipal.
Así, instou ao Concello a que se reparen as beirarrúas, se asfalten as rúas, se repoña o mobiliario urbano, se mellore a limpeza, se arromben as zonas verdes, se creen máis prazas de aparcadoiro, se reparen os puntos de luz ou que aumente a presenza policial.
O edil de Obras, Demetrio Gómez, sostivo que un plan de humanización "non é o que necesita A Parda", xa que se trata dun barrio "que xa está humanizado e que está vivo" e no que existe, segundo defendeu, una "alta calidade urbana".
Esta zona, como o resto da cidade, "precisa que se traballe nel", especialmente en materia de mantemento "e niso estamos", segundo sentenciou, de maneira "permanente".
Relacionadas:
-
Lores, sobre a situación sanitaria en Pontevedra: "Cada día é igual ou peor que o anterior"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP reclama axudas municipais para que os comerciantes iluminen unha Pontevedra "triste y apagada"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP propón un plan de humanización no barrio da Parda
Por Redacción |