Rescatan un can que caeu a un pozo dunha vivenda de Sanxenxo
Por Redacción
Un integrante do Servizo Local de Emerxencias de Sanxenxo equipado cun equipo de rescate en altura e un traxe neopreno descendeu este martes varios metros de altura ata o fondo dun pozo para rescatar a un can.
O animal caeu dentro dun pozo nunha vivenda en Adina e os seus donos pediron a axuda dos servizos de emerxencias.
Ocorreu este martes sobre as 13.15 horas e unha dotación de Emerxencias de Sanxenxo desprazouse ata a vivenda para liberalo.
As tarefas de liberación implicaron varios efectivos, aínda que tan só foi necesario que descendese ata o fondo do pozo un deles.