A Confederación Galega de Asociacións de Veciños premia ao Concello de Pontevedra
Por Redacción
A Confederación Galega de Asociacións de Veciños "Rosalía de Castro" (Cogave) premiará ao Concello de Pontevedra, na gala "Crer no movemento veciñal".
O acto celebrarase en Lugo este venres día 13, ás 20.30 horas.
O concello pontevedrés foi proposto ao premio pola Federación Castelao, que segundo explicou o seu presidente Verísimo Pazos, quere destacar o intenso traballo veciñal realizado dende a institución ao longo de todos estes anos.
Igualmente dende a Federación Castelao propuxeron ao premio á plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.
Outros premiados son o vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda así como o seu antecesor en ambos os dous cargos, Xesús Palmou.