Vilaboa convoca por segundo ano un concurso de decoración do Nadal
Por Redacción
O Concello de Vilaboa convocou o II Concurso de Decoración e Iluminación de Nadal, co obxectivo de ambientar as próximas datas no municipio.
No concuro anímase a participar a todos os veciños ambientando un balcón, o patio exterior, toda a fachada ou o recuncho que cada un escolla. Despois, para poder optar aos premios, será necesario fotografar o resultado e enviar a imaxe, xunto coa dirección da vivenda e un número de teléfono de contacto, a info@vilaboa.org. Todo iso antes de 10 de decembro.
Pasada esa data un xurado integrado por membros da administración local visitará cada unha das vivendas participantes para escoller aos gañadores.
Os premios aos máis orixinais serán cestas de produtos típicos para os dous primeiros e 150 euros para o terceiro clasificado, un terceiro premio que como novidade estará destinado aos traballos colectivos, incentivando a participación entre os veciños cunha recompensa para o barrio ou lugar mellor ambientado.
Segundo sinala o Concello de Vilaboa, o xurado premiará a creatividade, a orixinalidade, a iluminación e o espírito de Nadal pero tamén o emprego de materiais orixinais e sostibles.
As bases do concurso, que recollen que a decoración debe manterse ata despois de 6 de xaneiro, poden consultarse na web do Concello, www.vilaboa.gal.
Relacionadas:
-
Vilaboa pospón a iluminación do Nadal ao 20 de decembro "por responsabilidade ambiental"
Por Redacción |
-
O Apalpador visitará 46 concellos da provincia da man do programa da Deputación 'Nadal en galego'
Por Redacción |
-
Sanxenxo acenderá a súa iluminación do Nadal o 3 de decembro con 406 elementos decorativos led
Por Redacción |
-
Vilaboa recupera este venres a Feira de San Martiño
Por Redacción |
-
Iluminaciones Santiaguesas encargarase do alumado das festas de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |