Cruz Vermella recibe 33.000 euros para financiar os seus programas de atención hospitalaria e prevención da violencia
Por Redacción
A presidenta de Cruz Vermella Pontevedra, Teresa Álvarez, asinaba esta mañá un convenio co presidente provincial, Rafael Louzán, polo que a organización recibirá 33.000 euros que serán destinados para dous programas: o de respiro e animación hospitalaria e o de prevención da violencia nos centros de ensino.
O primeiro deles leva consigo unha contía de 18.000 euros. Iniciouse en 2006 e leva atendidos ao redor de 4.000 menores. O programa desenvólvese na área de Pediatría do Hospital Provincial nunha aula denominada Ludovermella coa finalidade de que os menores de 18 anos que padecen enfermidades de media ou larga duración poidan realizar determinadas actividades como maxia, manualidades ou animación á lectura. Para aqueles menores que non poidan desprazarse ata ese espazo contan cun servizo de cuartos.
Este programa tamén ofrece accións de respiro familiar para apoio ás familias que acompañan aos nenos cando as súas familias non poden.
O outro programa denominado 'Sen violencia-convivencia' polo que a Deputación achega 15.000 euros á Cruz Vermella conta con 14.000 beneficiarios. ÿ un proxecto que traballa na prevención de condutas violentas entre os mozos a través de talleres de sensibilización, información e adestramento de habilidades sociais. A intención é sensibilizar a poboación máis nova en temas relacionados coa violencia e previlas nos centros educativos.