O colexio La Inmaculada de Marín celebra o Samaín
Por Redacción
O alumnado do colexio La Inmaculada de Marín recuperou esta semana unha das celebracións que máis gustan ao alumnado: o Samaín.
O traballo das nais e pais do ANPA Marín Herrera, en colaboración coa comunidade educativa, permitiu aos nenos e nenas gozar dunha xornada divertida e de susto coa ambientación dos corredores con cabazas, teas de arañas, bruxas ou morcegos. Tamén houbo unha chiscadela á cultura mexicana cun altar decorado con detalles da película 'Coco'.
A celebración tivo o día forte este venres, onde os nenos e nenas de todos os cursos disfrazáronse, pasearon pola vila, xogaron e bailaron. Tamén houbo tempo para gozar da merenda, que compartiron con sobremesas típicas das datas.
O broche de ouro púxoo o visionado de 'Coco' por parte dos máis pequenos e o concurso de cabazas con máis participación que nunca.