Poda centenaria na alameda de Ponte Caldelas
Por Redacción
Técnicos forestais, procederon a podar as árbores centenarias da Alameda de Ponte Caldelas coa fin de facilitar a súa rápida xeración e unha maior vigorosidade das súas ramas.
Esta actuación permitirá que estas especies frondosas alcancen o seu máximo esplendor cos rebrotes da próxima primavera coa fin de que poidan seguir dando a súa sombra e ofrecendo unha magnífica presenza no verán deste ano.
Esta actuación lévase a cabo, na estación outonal, segundo recomendacións de expertos forestais que supervisan a realización desta poda en Ponte Caldelas.
Os restos producidos pola poda son recollidos polos operarios municipais para o seu posterior destino a un aproveitamento da súa biomasa.