Ponte Caldelas cheirará a castañas asadas o luns 31 de outubro
Por Redacción
O cheiro a castañas asadas invadirá o centro urbano de Ponte Caldelas o vindeiro luns 31 de outubro, co magosto organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas (Coempo) coa colaboración do Concello.
Neste particular magosto, un castañeiro repartirá castañas asadas de balde.
Trátase dunha campaña de dinamización do comercio local, que prevé repartir centos de cornetes entre os veciños e os clientes dos comercios de Ponte Caldelas.
O magosto desenvolverase durante o horario comercial.
A acción foi presentada no Concello por integrantes da directiva de Coempo coa presenza do alcalde, Andrés Díaz.