Pechan dous días ao tráfico a rúa García Camba para reparar unha fochanca
Por Redacción
A rúa García Camba permanecerá cortada ao tráfico rodado desde as 9 horas do día 25 ata as 19 horas do día 27.
A razón deste corte, explican desde o Concello, débese á necesidade de acometer de maneira urxente a reparación dunha arqueta situada á altura do edificio de Correos.
O mal estado desta arqueta provocou o afundimento do asfalto xerando unha fochanca que dificulta o paso de vehículos, de feito un turismo sufriu un leve accidente hai uns días por esta situación.
A pesar do peche, o acceso aos garaxes situado nesta vía está garantido.
A rúa Andrés Muruais estará pechada tamén mentres duren as obras, aínda que se permitirá o acceso dos coches aos garaxes. Con todo, os que acudan ao Garaxe Miranda, deberán acceder a través da rúa Riestra.
De forma excepcional, a rúa da Oliva pasará a ser de dobre sentido para permitir unicamente a entrada e saída de coches do Garaxe Miranda.