Falece un mozo de 23 anos e tres resultan feridos nun accidente por saída de vía en Ponte Sampaio
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un mozo, veciño de Cesantes (Redondela), falecía na mañá deste domingo nun accidente de tráfico que se rexistraba na estrada que une Comboa e Acevedo, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio.
Segundo informa o servizo do 112 Galicia, ás 11.30 horas, unha persoa alertaba sobre o sinistro que se producía no límite entre os municipios de Pontevedra e Soutomaior. Unha das persoas implicadas no accidente carecía de pulso, segundo a persoa que chamaba ao servizo de Emerxencias.
Minutos máis tarde, os servizos sanitarios confirmaron que no sinistro perdía a vida o mozo de 23 anos e os outros tres ocupantes do vehículo, de entre 18 e 23 anos, precisaban asistencia médica, para ser evacuados, a continuación, ao Hospital Montecelo de Pontevedra.
Na zona atópanse axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntariado de Protección Civil da agrupación do Concello de Soutomaior, ademais de Urxencias Sanitarias do 061.
Están a investigarse as causas do accidente que provocaron que o condutor perdese o control do Citroën saindo da vía para terminar entrando nunha zona de árbores onde un eucalipto alcanzaba ao mozo que se atopaba nos asentos traseiros do turismo causándolle a morte. Posteriormente, o coche caía por un terraplén de sete metros de altura.
A Garda Civil confirma que o condutor do turismo ofreceu resultado positivo en consumo de drogas e de alcohol no control realizado polos axentes que acudiron ao lugar do accidente.
Segundo as mesmas fontes, o condutor xa foi detido como presunto autor dos delitos de homicidio imprudente e condución temeraria. Está previsto que este luns 17 pase a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra en funcións de garda.
Relacionadas:
-
Por primeira vez, Tráfico leva a cabo unha campaña de vixilancia en tramos de obras
Por Redacción |
-
A xuíza deixa en liberdade e retira o carné ao condutor responsable do accidente mortal de Ponte Sampaio
Por Natalia Puga |
-
Excarceran o condutor dun turismo tras impactar cun camión militar na N-550
Por Redacción |