Pontevedra establecerá 66 indicadores para medir a eficacia do seu PMUS

Por Redacción
Ata 66 indicadores diferentes medirán de maneira permanente que os obxectivos recollidos no plan de mobilidade urbana sostible (PMUS) de Pontevedra se cumpren e, por tanto, que este documento non é un "brinde ao sol" para cumprir coa Lei de Transición Ecolóxica.
Esta normativa obriga ás cidades para adoptar antes de 2023 medidas para reducir o tráfico, propoñendo a implantación dunha taxa por acceder aos centros urbanos ou ben prohibindo a entrada aos vehículos máis contaminantes.
Pontevedra defende unha 'terceira vía', seguir avanzado no seu modelo urbano e implantar en todo o centro e os barrios do Burgo, Estribela e Monte Porreiro unha zona de tráfico reducido.
Para ofrecer "garantías", segundo o edil de Mobilidade, Demetrio Gómez, de que esta solución "serve" e que Pontevedra "avanza na liña marcada por UE e o Estado español", o Concello quere contar con datos concretos que avalen esta estratexia.
Todos estes indicadores estarán relacionados cos obxectivos recollidos no PMUS.
Este documento, que xa foi aprobado mediante un decreto da Alcaldía, será remitido ao pleno da corporación municipal para que se poida debater e ratificar o seu contido.
Relacionadas:
-
Pontevedra expón a súa zona de baixas emisións no Colexio de Enxeñería de Camiños en Madrid
Por Redacción |
-
O PP non ve "encaixe legal" para as zonas de tráfico reducido que impulsa Pontevedra
Por Redacción |
-
Lores, "decepcionado" ante a indefinición do Goberno sobre as zonas de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra celebra a entrada en vigor do novo plan de mobilidade cunha 'PMUS Party'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A zona de tráfico reducido do casco urbano estenderase a Monte Porreiro, Estribela e O Burgo
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello calcula que gastará 82 millóns de euros de fondos propios en actuacións en mobilidade ata o 2035
Por Oskar Viéitez |