BNG e PSOE ratificarán a próxima semana o acordo para aprobar o presuposto
Por Redacción
No medio de declaracións cruzadas sobre a ponte da Barca e afirmacións públicas sobre o distintos que son BNG e PSOE, os socios de goberno no goberno local de Pontevedra alcanzaron un acordo esta semana para pechar o proxecto de presuposto municipal para o próximo ano.
O documento será ratificado a próxima semana, por partida dobre, é dicir, pola xunta de goberno local e na comisión de Facenda.
O goberno local confía en que poida levarse a Pleno antes de que remate o ano.
Houbo algúns cambios con respecto ao primeiro borrador do que deu conta o voceiro do goberno local, Raimundo González. Algunhas variacións son froito da negociación pero a máis substancial corresponde ao incremento do canon que prevé aplicar Sogama polo tratamento do lixo, que repercutirá en máis de 600.000 euros no municipio.
Relacionadas:
-
O orzamento para 2014 aprobarase a próxima semana e superará finalmente os 66 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello de Pontevedra estuda fórmulas para reducir o impacto da suba da taxa de Sogama
Por Redacción |
-
O orzamento municipal para 2014 chegará aos 65 millóns de euros, a pesar dos recortes de Xunta e Estado
Por Alejandro Espiño |