A Confederación Española de Policía (CEP) denuncia "discriminación" na entrega de medallas
Por Oskar Viéitez
Este martes celébrase en Pontevedra o día grande da Policía Nacional na cidade, cun acto pola festividade dos seus patróns, Los Santos Ángeles Custodios, no que se condecoran e distinguen aos axentes policiais que pola súa traxectoria profesional ou mérito nunha actuación policial han destacado o ano anterior ou ao longo da súa carreira profesional.
A Confederación Española de Policía (CEP) criticou que este acto "foi aproveitado polos mandos para premiar ou dar prioridade ‘aos seus’en demérito doutros axentes que llo merecen".
Este sindicato policial sinala que en Pontevedra serán condecorados varios compañeiros pola súa "innegable" traxectoria profesional, pero engade que "non estarán todos" e denuncia que o Ministerio do Interior denega medallas policiais a axentes que puxeron en risco a súa vida ou realizaron grandes operacións policiais "mentres premian o servizo político de mandos policiais", un feito polo que acudirán aos tribunais.
Aseguran desde a CEP que "a administración volveu a dar medallas pensionadas a comisarios aos que a Xustiza llas retirou hai un ano", unha medalla, con distintivo de prata, que comporta un incremento vitalicio da pensión equivalente ao 15% do soldo base e é a máis alta distinción en vida que pode recibir un policía nacional.
A CEP na provincia de Pontevedra decidiu poñer en man dos seus servizos xurídicos estes feitos "a fin de que as medallas cheguen a quen llo merece e non sirvan para pagar prebendas".