Este martes e o xoves córtase ao tráfico Domingo Fontán
Por Redacción
O tráfico estará restrinxido na avenida de Domingo Fontán durante a xornada de mañá, martes 6, e a do xoves 8 para acometer a retirada da actual ponte sobre o río Rons e a instalación dunha nova pasarela. Os traballos comezarán ás 10 da mañá co peche ao tráfico para a instalación de dúas grúas de grandes dimensións. Unha vez que se realicen estes labores, retiraranse as grúas e permitirase a circulación pola avenida.
A Policía local ten previsto o peche entre a Ponte do Burgo e o das Correntes, mantendo o acceso aos residentes e servizos da rúa Martín Códax, dende a Ponte do Burgo.
Os traballos centraranse na substitución da actual ponte peonil de madeira que se encontra pechada ao paso de peóns debido á súa deterioración para instalar unha nova pasarela realizada en formigón prefabricado. Ademais repararanse as beirarrúas.
O proxecto ten un custo de 43.000 euros.
O xoves 8 de novembro, tamén a partir das 10 da mañá e nos dous sentidos da Avenida se volverá cortar o tráfico para instalar as vigas de formigón prefabricado da nova ponte.