As obras de Blanco Porto obrigan a curtar a rúa durante unha semana
Por Redacción
A rúa Blanco Porto vaise pechar durante os próximos días debido ao remate das obras que se están a executar nesta zona. Estes traballos desenvolveranse en dúas fases.
Na primeira fase pecharase ao tráfico entre Benito Corbal e a rúa Cruz Gallástegui. Co fin de facilitar o acceso aos residentes e servizos vaise habilitar a entrada pola rúa Joaquín Costa con saída por Cruz Gallástegui.
Na segunda fase, o peche ao tráfico será entre Cruz Gallástegui e Joaquín Costa e permitirase a entrada por Benito Corbal e a saída realizarase por Cruz Gallástegui.
A empresa que acomete estas obras ten previsto iniciar os traballos o xoves 5 e non descansará durante os días 6 e 7 de decembro durante a ponte. A previsión da finalización está prevista para o 13 de decembro, antes do comezo das festas de Nadal.