As obras da rúa Oliveira rematarán en xaneiro
Por Redacción
As obras de saneamento, pluviais, abastecemento e pavimentación da rúa Oliveira, en Poio, marchan a bo ritmo e agárdase que estean rematadas no mes de xaneiro.
Así o puideron comprobar este luns o rexedor local de Poio, Luciano Sobral, e a deputada provincial, Ana Isabel Vázquez, que acudiron á rúa para comprobar in situ a marcha dos traballos.
Nesta rúa atópase a Galescola y el parque de Ankar. Os traballos teñen un custo de 115.523 euros. Construccións Eiriña, é a empresa encargada da execución das obras.
O obxectivo central desta actuación é dotar á rúa dun sistema de saneamento máis eficaz, separando as augas fecais das pluviais, que nestes momentos van xuntas e provocan serios problemas.
Os traballos inclúen a recollida de pluviais e a súa canalización, retirándoa da actual rede de saneamento. Tamén se substituirán de 75 metros de tubaxe do sistema de saneamento, modificando a actual pendente da rede para mellorar o seu funcionamento.
A actuación completarase coa ampliación da rede de abastecemento de auga e a pavimentación da rúa.