O comercio local de Sanxenxo sae á rúa coa súa feira de oportunidades
Por Redacción
Vinte e dous postos formarán parte dunha nova edición da feira de oportunidades que organizará o comercio local de Sanxenxo esta fin de semana na Praza dos Barcos.
Esta iniciativa, pensada para que os establecementos poidan vender existencias e stocks de tempadas pasadas con importantes descontos e a prezos moi atractivos, abrirá as súas portas entre o venres e o domingo, en horario de 11:00 a 22:00 horas.
Os postos, distribuídos en jaimas colocadas en forma de U, ofrecerán artigos como roupa de muller, home ou neno, calzado, bixutería, peletería e complementos ou gastronomía.
A entrada á feira será gratuíta, segundo informaron os seus organizadores.
Un das casetas, María Modal Infantil, estará dedicado á liquidación de roupa infantil de marca e parte da súa recadación doarase á Asociación contra o Cancro de Sanxenxo.