"Habrá más sorpresas" para Pontevedra cos concertos do Xacobeo
Por Alejandro Espiño
O concerto que Víctor Manuel ofreceu o pasado luns non será a única actuación que o Xacobeo programará en Pontevedra. Así o avanzou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, garantiu que "habrá más sorpresas" nos próximos meses.
Antes de percorrer un tramo do Camiño Portugués en Pontevedra, acompañado de Alberto Núñez Feijóo, Rueda defendeu que "sin duda habrá más actuaciones y seguiremos programando en estos cuatro meses", en toda Galicia e en Pontevedra en particular.
Para iso, dixo o presidente galego, xa se está analizando a dispoñibilidade dos artistas.
A este respecto, destacou que "uno de los grandes aciertos" deste ano foi "descentralizar todo lo que significa el Xacobeo", de forma que as actuacións musicais de renome "lleguen a todos los puntos de Galicia" e non se limiten a Santiago.
Esta é unha das cousas que está a contribuír a que o Xacobeo "esté siendo fantástico" para Galicia, tras lograr transmitir que "somos un destino seguro y de naturaleza" que, ao seu xuízo, "es lo que buscaba mucha gente tras la pandemia".
Así, Alfonso Rueda augurou un "cierre de año fantástico" en Galicia desde o punto de vista turístico, xa que se rexistrarán cifras récord de visitantes polo tirón do Ano Santo.
"Todo hace pensar", segundo engadiu, que agosto concluirá con máis de 300.000 'compostelas' seladas. Estes datos supoñen moitos máis peregrinos porque "no todos las recogen", segundo Rueda, que cifra nun 30% os camiñantes que non piden a súa acreditación.
Isto supón que "estamos batiendo récords", sinalou Alfonso Rueda, que asegurou que desde o sector avánzanlle que a alta afluencia de peregrinos en viaxes organizadas "vai seguir" nos meses de setembro e outubro.
Relacionadas:
-
RADIO.- Falamos con Cepeda pouco antes de estrear 'Pastillas rosas' que cantará en directo en Sanxenxo
Por Marisa Ciordia |
-
Mocidade voluntaria di adeus despois de dous meses atendendo os peregrinos no programa 'Xacobeando'
Por Redacción |
-
Críticas á Xunta por repartir "a dedo" os concertos do Xacobeo
Por Redacción |
-
Núñez Feijóo e Alfonso Rueda, dous 'peregrinos sorpresa' no Camiño Portugués
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Un incombustible Víctor Manuel amplía un día máis as Festas da Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Víctor Manuel substituirá a Bunbury como o gran concerto do Xacobeo en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |