Derruban unha caseta na Illa que contaba con orde de demolición dende o ano 2000
Por Redacción
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) supervisou a demolición voluntaria dunha caseta prefabricada na Illa, que contaba cunha orde de derrubamento dende o ano 2000.
A edificación tratábase, segundo a APLU, dunha obra "realizada sen licenza en zona de servidume de protección de dominio público marítimo terrestre".
A pesar do carácter prefabricado da caseta, a orde de reposición dos terreos ao seu estado orixinal débese a que os "usos residenciais están prohibidos con independencia do tipo de construción".
O afectado, ao realizar finalmente o derrubamento pola súa conta, non terá que aboar os 8.562 euros que a Xunta fixara como presuposto para a retirada da caseta en concepto de execución subsidiaria, despois terlle imposto previamente varias multas que non conseguiron que adiantase a demolición.