Véndese a Illa do Santo por 300.000 euros negociables
Por Oskar Viéitez
A Illa do Santo do Mar ou de San Clemente atópase á venda por 300.000 euros, aínda que este prezo é negociable.
Trátase dun pequeno illote duns tres mil metros cadrados de superficie que se atopa unido por un istmo arenoso coa Praia do Santo, na parroquia marinense de Ardán.
É un terreo non urbanizable e está protexido. Conta cos restos dunha antiga capela dedicada a San Clemente. A imaxe do santo se garda na igrexa de Ardán.
Hai anos Costas quixo comprar este illote aos titulares, a familia Nores, pero non alcanzaron un acordo co prezo. Actualmente figura como propietario Manuel Piñeiro Campelo segundo consta no portal inmobiliario onde se publica a oferta de venda.